Banda Potemkin
Banda Potemkin “Galiza”
O mesmo nome deste grupo xa fai referencia do que nos podemos atopar no escenario: unha revolución musical, forza e son en estado puro, unha big-band explosiva. Banda Potemkin ten a súa orixe nun asteleiro, e xorde da mestura dos distintos xeitos de entender a música de cada un dos seus compoñentes.
Eles defínense coma un novo proxecto musical, que bota a andar con forma de barco todoterreo, onde a tripulación é o valor máis importante co que conta. Este barco surca os mares musicais desafiando a treboada con xuramentos en “balcánico e afrocaribenho”, capeando a golpe de timón e dándolle “ghas” ao ritmo da máquina interior que leva cada un
deles.
