Festa da Marosa “Goza co saber dos povos”

16 e 17 de maio de 2008 Burela
Subscribe

Bonovo

Bonovo “Galiza”

A zanfona, o acordeón e a batería mestúranse de xeito sorprendente en Bonovo. Os seus tres integrantes, Óscar Fernández, Roberto Grandal e Pulpiño Viascón, partindo das súas inquedanzas persoais, mesturan a música tradicional coa tecnoloxía creando unha sonoridade atípica e sorprendente. Deste xeito, o mesmo podemos escoitar o son dunha
zanfona mesturada por samplers, ou un serrucho tocado maxistralmente. Bonovo ten como base a mestura de tres instrumentos diferentes, de tres xeitos de sentir a música e de tres personalidades diferentes, dando lugar a un son dificilmente etiquetable, interesante e novidoso. Bonovo propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e bailábel, que non deixará a ninguén indiferente. Pode ou non facer bailar ao corpo, pero de seguro
que si o fará á mente.

Bonovo