Manecas Costa
Manecas Costa “Guinea Bissau”
Manecas Costa, nado na Guiné-Bissau, é un dos músicos máis recoñecidos do seu país. Este músico polifacético creou a súa primeira banda co seu irmán, chamada ‘África Libre’, cando contaba con tan só nove anos. Con vinte anos gravou o seu primeiro disco en solitario
‘Mundo di Femia’, coa colaboración de Unicef, que o nomeou Embaixador de Boa Vontade por esas datas. Colaborou con numerosos músicos ao longo da súa carreira, e na actualidade conta xa con varios discos propios editados, o último ‘Paraíso di Gumbe’.
Guitarrista, cantante, compositor e agora tamén actor, na actualidade está a percorrer Galiza co espectáculo ‘Humor neghro’, no que comparte escea con Carlos Blanco. Sobre o escenario Manecas Costa sabe conxugar á perfección a intensidade da súa voz co virtuosismo co que toca a guitarra, o que o converte nun dos músicos de maior proxección
da última fornada de artistas africanos.


