Festa da Marosa “Goza co saber dos povos”

16 e 17 de maio de 2008 Burela
Subscribe

Os Estoupacaldeiros

Os Estoupacaldeiros “Charanga”

Os Estoupa Caldeiros son a personificación da música popular, da festa e da diversión. Este grupo está formado por varios amigos de vello que queren achegar a música popular, a tradición oral e a denominada ‘música tabernaria’ a toda a poboación. O seu afán por dignificar este tipo de composicións comezara coma un entretemento anos atrás e xa os ten
levado por numerosos escenarios ao longo do país. A mestura das voces, as gaitas, a percusión e o violín fan que cada concerto deste grupo acabe convertido nunha festa, xa que malia tocar dende o escenario, o seu é achegarse ao público, participar con el na diversión e
implicalo dende o comezo para que disfrute tanto escoitando coma eles tocando.

Os Estoupacaldeiros