Festa da Marosa “Goza co saber dos povos”

16 e 17 de maio de 2008 Burela
Subscribe

Robin Hood

Robin Hood “Teatro”

‘Robin Hood’, leva cinco anos loitando nas Cruzadas, ata que un día, canso da guerra, decide voltar á súa vila. Por desgraza para el, o devecido descanso terá que agardar, ao descubrir que Nottingham volve estar baixo o xugo do Príncipe Xoan. Desta volta o Príncipe non só abafa aos vilegos con impostos cada vez máis altos, senón que debido á ausencia do Rei
Ricardo, maquina facerse co trono e casar con Lady Marian. Robin Hood, coa colaboración de Trasno e Little John, farán todo o posible por evitar que o malvado Príncipe se faga co poder e a normalidade volva á vila de Nottingham.
Producións Acontrabutaca está a colleitar un gran éxito con esta obra, máis alá de Galiza. O musical ‘Robin Hood’ foi representada durante marzo e abril semanalmente no Teatro Calderón de Madrid, despois de encher teatros por todo o noso país. Con menos dun ano de vida, Producións Acontrabutaca, xestionada por Xosé Lueiro, está chamada a converterse
nunha das produtoras teatrais máis importantes do noso país. Na actualidade céntrase en dous tipos de teatro, o infantil e o teatro contemporáneo, coa pretensión de aparcar o lado máis comercial do teatro e achegar a figura do actor ao público.