Festa da Marosa “Goza co saber dos povos”

16 e 17 de maio de 2008 Burela
Subscribe

Sobre Rodas

Sobre Rodas “Tradición e regueifa”

Un artesán adicado á construción de zanfonas que no seu tempo libre interpreta cantares de cego e un recoñecido músico da tradición popular galega forman este dúo chamado ‘Sobre rodas’. Carlos do Viso e Luís ‘O Caruncho’ levan dende o ano 2006 tentando
recuperar a música de raíz do noso país. Para elo empregan as súas voces e explotan as diferentes variedades tímbricas que ofrece o son de dúas zanfonas tocadas ao tempo.
Ao inusual desta proposta, xa que non é moi habitual poder gozar por duplicado do particular son deste instrumento con máis de dez séculos de historia no seu haber, engádeselle que ademais de tocar pezas tradicionais da nosa cultura, Carlos e Luís compuxeron pezas propias para este instrumento, axudando deste xeito a continuar a tradición da zanfona en Galiza.

Sobre rodas