Festa da Marosa “Goza co saber dos povos”

16 e 17 de maio de 2008 Burela
Subscribe

Kepa Junkera

Kepa Junkera “Euskadi”

Kepa Jukera case non precisa presentación, xa que é o trikitilari con máis proxección internacional na actualidade. Moitos son os éxitos colleitados por este músico bilbaíno dende que a finais dos oitenta lanzara o seu primeiro traballo, ‘Infernuko Auspoa’, pasando por ‘Bilbo 00:00′, que o catapultou á esfera musical internacional, ata o seu último álbum, lanzado no 2006, ‘Hiri’, galardoado no 2007 co Premio de la Música á mellor canción en euskera. Ao longo da súa carreira traballou con músicos de grande proxección, coma é o
caso de Oskorri, Chieftains ou Caetano Veloso. Kepa Junkera compaxina o proceso de composición dos seus discos coa música de base traballando como mestre no Musikene, o Conservatorio Superior de Música de Euskadi. Dende este centro, e en colaboración con

outros docentes xurdiu o proxecto do ETXAK, a Compañía de Txalaparta de Euskadi, que traballa na recuperación deste instrumento popular euskaldún, e de onde están a saír moitos dos novos músicos da escea folk vasca. Desta Compañía xorden grande parte dos músicos que acompañan a Junkera nas súas xiras, onde o folk se mestura con sons máis actuais, dando lugar a un espectáculo onde o público non pode deixar de moverse.

Kepa Junkera