Festa da Marosa “Goza co saber dos povos”

16 e 17 de maio de 2008 Burela
Subscribe

Os Zarambeques

Os Zarambeques “Galiza”

Os Zarambeques son unha formación de gaiteiros que naceu no 1994 na zona de Ortegal. Os seus integrantes, de formación tradicional, proveñen doutras agrupacións, coma a Escola de Gaitas de Ortigueira ou as Cantareiras de Alende das Pontes. Cunha orixe de corte tradicional, baseada principalmente no son da gaita, o grupo foi engadindo ás súas composicións o son do acordeón e de instrumentos de vento, ademais da voz, evolucionando en son e estética cara o folk. Na actualidade están a promocionar o seu último disco, ‘Son do mare’, lanzado no 2007, que xa foi presentado na pasada edición do Festival de Ortigueira.

Zarambeques